Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2012 Páx. 24110

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1280/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña fago saber que nos autos número 1280/2009 se ditou sentenza número 332/12 cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 18 de maio de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1280/2009, sendo demandante a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social, coa representación do letrado do Estado Sr. Suárez de Centi, e demandadas a empresa Galihotel de Explotación Hosteleras, S.L., así como Santa María Peña Sánchez, Flor Myriam Caicedo Agrón, Jamaina Sousa Almeida, Sobeida Núñez Fabre, Lilian Andrea Periañez Escobar, Odileia Pereira da Silva, Valdany Silva Souza, Gabriela Ilana Stoian, Larisa Preda, Mía Elena Popa e Claudio Ignacio da Silva e Ion Daniel Furnica.

E decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social contra a empresa Galihotel de Explotación Hosteleras, S.L., así como contra Santa María Peña Sánchez, contra Flor Myriam Caicedo Agrón, contra Jamaina Sousa Almeida, contra Sobeida Núñez Fabre, contra Lilian Andrea Periañez Escobar, contra Odileia Pereira da Silva, contra Valdany Silva Souza, contra Gabriela Ilana Stoian, contra Larisa Preda e contra Mía Elena Popa, así como contra Claudio Ignacio da Silva e contra Ion Daniel Furnica e, en consecuencia, declaro que a relación xurídica que vinculaba a empresa Galihotel de Explotación Hosteleras, S.L. con Santa María Peña Sánchez, con Flor Myriam Caicedo Agrón, con Jamaina Sousa Almeida, con Sobeida Núñez Fabre, con Lilian Andrea Periañez Escobar, con Odileia Pereira da Silva, con Valdany Silva Souza, con Gabriela Ilana Stoian, con Larisa Preda e con Mía Elena Popa, así como con Claudio Ignacio da Silva e con Ion Daniel Furnica era de natureza laboral.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación aos demandados Galihotel de Explotación Hosteleras, S.L., Ion Daniel Furnica, Sobeida Altagracia Núñez Fabre, Flor Myriam Caicedo Agrón, Jamaina Sousa Almeida, Claudio Ignacio da Silva, Odileia Pereira da Silva, Valdany Silva Souza, Lilian Andrea Periañez Escobar, Santa María Peña Sánchez, Mía Elena Popa e Larisa Preda, expídese a presente cédula para a súa publicación no DOG e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 23 de maio de 2012

A secretaria xudicial