Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2012 Páx. 24109

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (663/2011).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 663/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Isaac López Fraga contra Comercial Seijas Gil, S.L.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza cuxo ditame é o seguinte:

Que, considerando a demanda presentada por Isaac López Fraga contra a empresa Comercial Seijas Gil, S.L.L., e contra o Fogasa, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de 9.994,60 euros, máis os xuros de demora. Procede a absolución do Fogasa sen prexuízo da ulterior responsabilidade que puidese alcanzalo nos casos legalmente previstos.

E para que sirva de notificación en forma a Comercial Seijas Gil, S.L.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 30 de maio de 2012

O secretario xudicial