Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2012 Páx. 24112

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (728/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 728/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Remedios Seoane Rodríguez e Benigna Amelia Piñeiro Orjales contra a empresa World Beer Center, S.L., se ditou sentenza número 742/2012 cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 21 de maio de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 728/2010, sendo demandantes Remedios Seoane Rodríguez e Benigna Amelia Piñeiro Orjales, representada polo letrado Sr. Martínez Ramonde, e demandada a empresa World Beer Center, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Remedios Seoane Rodríguez e de Benigna Amelia Piñeiro Orjales contra a empresa World Beer Center, S.L. e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboarlle a Remedios Seoane Rodríguez a cantidade de 6.838,91 euros e a Benigna Amelia Piñeiro Orjales a suma de 1.394,77 euros que deben, cantidades, estas, que deberán incrementarse co xuro de mora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación á demandada World Beer Center, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no DOG e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 23 de maio de 2012

A secretaria xudicial