Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2012 Páx. 24114

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (736/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 736/2010 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Jennifer Pan Gago contra a empresa María Rosario Sanjurjo Ferreiro-Café Bar Bahía, se ditou sentenza 341/2012, sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 21 de maio de 2012

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 736/2010, sendo demandantes Jennifer Pan Gago, asistida polo letrado Sr. Pousa Merens, e demandada a empresa María Rosario Sanjurjo Ferreiro-Café Bar Bahía, despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).»

Decido: «Que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Jennifer Pan Gago contra a empresa María Rosario Sanjurjo Ferreiro-Café Bar Bahía e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboarlle a Jennifer Pan Gago a cantidade de 3.715,62 euros que debe, cantidade, esta, que deberá incrementarse co xuro de mora do 10%, ben que única e exclusivamente respecto dos conceptos de carácter salarial.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.»

E para que lle sirva de notificación á empresa María Rosario Sanjurjo Ferreiro-Café Bar Bahía, expídese a presente cédula para a súa publicación no DOG e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 24 de maio de 2012

A secretaria xudicial