Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2012 Páx. 24116

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1333/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria de reforzo do Social número 4 da Coruña.

Fago saber: que nos autos número 1333/2009 se ditou sentenza número 339/2012 cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 18 de maio de 2012

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1333/2009, sendo demandante a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social, coa representación da letrada do Estado Sra. Busto Landín, e demandadas a empresa Galihotel de Explotación Hosteleras, S.L., así como Minerlith Chumbe Ramírez e Rosángela Bastos Morais.»

Decisión: «Que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social contra a empresa Galihotel de Explotación Hosteleras, S.L., así como contra Minerlith Chumbe Ramírez e Rosángela Bastos Morais, e, en consecuencia, declaro que a relación xurídica que vinculaba a empresa Galihotel de Explotación Hosteleras, S.L. con Minerlith Chumbe Ramírez e con Rosángela Bastos Morais era de natureza laboral.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.»

E para que sirva de notificación a Galihotel de Explotación Hosteleras, S.L. e a Rosángela Bastos Morais, expídese a presente cédula para a súa publicación no DOG e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 24 de maio de 2012

A secretaria xudicial