Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2012 Páx. 24118

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos AC-EP 07/2012 e AC-EP 31/2012.

Intentada a notificación aos titulares dos establecementos que se indican a continuación sen que se puidese efectuar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que se ditou resolución nos expedientes sancionadores que se relacionan no anexo, por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Advírtese que, de non ser interposto este en tempo e forma, terán que aboar a multa imposta nos períodos de pagamento voluntario sinalados no boletín de multas e sancións que serán facilitados no Servizo de Administración Local e Interior desta xefatura territorial sito no edificio administrativo de Monelos, praza Luís Seoane s/n, A Coruña.

As débedas non satisfeitas nos períodos citados no punto anterior exixiranse en vía de constrinximento.

A Coruña, 25 de maio de 2012

Ana Lado Eiriz
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

Denunciado

Enderezo

Establecemento

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Resolución

AC-EP 7/2012

Golden Budha, S.L.

R/ Nicargua, 8, baixo, A Coruña

Budha Tea

23.o) da L.O. 1/1992

28 da L.O. 1/1992

500,00 €

AC-EP 31/2012

Turcividanes, S.L.

R/ Camiño do Regueiro, 14 Oleiros

Casa o Arxentino

26.e) da L.O. 1/1992

28 da L.O. 1/1992

90,00 €