Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx. 23929

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Corcubión

EDICTO (161/2010).

Alberto Ballón Lage, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Corcubión dou fe e testemuño que nos autos arriba referidos se ditou resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do seguinte teor literal:

«Sentenza.

Corcubión, vinte e nove de xullo de dous mil once.

Vistos por Amelia María Pérez Mosteiro, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Corcubión, os presentes autos do xuízo ordinario no exercicio da acción declarativa de dominio, baixo o número 161 do ano 2010, por instancia de Carmen Rodríguez Castro, representada pola procuradora dos tribunais Sra. Borrero Castro e asistida polo letrado Sr. Liaño Vidal, contra Manuela Bello Martínez, Ramón Bello Martínez e Manuel Bello Martínez, declarados en situación procesual de rebeldía.

Decisión que debe desestimar e desestimo integramente a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Borrero Castro, en nome e representación de Carmen Rodríguez Castro, contra Manuela, Ramón e Manuel Bello Martínez –en situación procesual de rebeldía–, sen facer imposición das custas procesais.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de apelación, que se preparará ante este mesmo xulgado no prazo de cinco días contados desde o seguiente á súa notificación, que será resolto pola Audiencia Provincial da Coruña.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, o pronuncio, mando e asino».

E para que así conste, expido o presente testemuño co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.