Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx. 23930

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e tramitación urxente, da contratación dun servizo consistente na elaboración e implementación dun plan de dinamización dos centros compartidos de información, formación e orientación ás mulleres raianas no marco do Proxecto CEDIM, aprobado no ámbito do POCTEP 2007-2013 (cofinanciado nun 75% con fondos Feder) (expediente 5/2012).

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Secretaría Xeral da Igualdade.

1.2. Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Técnico-Administrativa e Orzamentaria.

2. Obxecto do contrato: servizo consistente na elaboración e implementación dun plan de dinamización dos centros compartidos de información, formación e orientación ás mulleres raianas no marco do Proxecto CEDIM, aprobado no ámbito do POCTEP 2007-2013 (cofinanciado nun 75% con fondos Feder).

3. Tramitación e procedemento.

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

4. Criterios de adxudicación: véxase a cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Orzamento base de licitación: 67.796,61 € máis 12.203,39 € de IVE (18%). Importe total: 80.000,00 €.

6. Garantías exixidas.

6.1. Provisional: non se exixe.

6.2. Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Obtención da documentación e información:

7.1. Entidade: Secretaría Xeral da Igualdade.

7.2. Enderezo: edificio administrativo San Lázaro s/n.

7.3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

7.4. Teléfonos: 981 54 53 61 - 881 99 91 95. Fax: 981 95 76 90.

7.5. Poderán obterse os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: www.contratosdegalicia.es

8. Requisitos específicos da empresa contratista.

8.1. Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: ver cláusula 5.3.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas.

9.1. Data límite de presentación das ofertas: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, ás 14.00 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ata o primeiro día hábil seguinte.

9.2. Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

9.3. Lugar de presentación: efectuarase no Rexistro da Secretaría Xeral da Igualdade, no edificio administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela (CP 15781). Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ao disposto na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Apertura das ofertas: a data e hora de apertura dos sobres 2 e 3 anunciarase no perfil do contratante do órgano de contratación: www.contratosdegalicia.es

11. Gastos do anuncio: serán por conta da adxudicataria do contrato (10,82 euros/liña).

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2012

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade