Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx. 23932

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 4 de xuño de 2012, do Servizo de Turismo da Coruña, pola que se notifica a Incoación do 22 de maio de 2012, ditada no expediente sancionador AC-80/12, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle, á titular que no anexo se menciona, a incoación de expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia, xa que intentada polos medios habituais non puido practicarse a notificación.

Neste mesmo acto foi designado instrutor do expediente Félix Collazos López, do cal a interesada poderá promover a recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De conformidade co artigo 13.1.d) do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, a resolución do presente procedemento por infracción leve corresponde á titular da Xefatura de Servizo de Turismo da Coruña, segundo o Decreto 82/2012, do 23 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

A resolución do presente procedemento sancionador notificarase no prazo dun ano desde a data do presente acordo, de conformidade co disposto no artigo 84.1 da Lei 14/2008, do 3 de decembro.

A interesada dispoñerá dun prazo de quince días, conforme o establecido no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, para presentar ante o instrutor do expediente, para a súa incorporación a el, cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, coa advertencia de que de non formular alegacións no prazo sinalado, este acordo se considerará como proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 13.2 do citado decreto.

A Coruña, 4 de xuño de 2012

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa do Servizo de Turismo da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-80/12.

Denunciada: Adriana Yáñez Hermida.

NIF: 34883511D.

Establecemento: café bar Kendall´s.

Enderezo: rúa Fernando Macías, 29.

Localidade: A Coruña.

Precepto infrinxido: artigo 69.a) 1º, 2º e 5º da Lei 14/2008.

Incoación: 22 de maio de 2012.

Sanción: multa de douscentos vinte e cinco euros (225 €).