Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2012 Páx. 23657

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (342/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 342/2012, por instancia de Inés Rodríguez Muíño contra Pavimentos Compavi, S.L., sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data do 18 de maio de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido que se estima a demanda interposta por Inés Rodríguez Muíño contra a entidade Pavimentos Compavi, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada, Pavimentos Compavi, S.L., a Inés Rodríguez Muíño.

– Condénase a empresa Pavimentos Compavi, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 9.233,25 euros. O aboamento desta indemnización determinará a extinción do contrato de traballo. No caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata a desta sentenza, ascenden a 4.505,41 euros, aos cales se deberán engadir os que se xeren ata a súa notificación, a razón de 49,51 euros diarios.

– Condénase a Pavimentos Compavi, S.L. a lle aboar a Inés Rodríguez Muíño a cantidade de mil catrocentos cincuenta e seis euros (1.456 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Pavimentos Compavi, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de maio de 2012

A secretaria xudicial
Rubricado