Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2012 Páx. 23659

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (867/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 867/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Emilio Oliva López contra a empresa Técnica Instalaciones Coruña, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, ditouse o seguinte auto:

«Dispoño ter por desistido a Marcos Emilio Oliva López da súa demanda fronte a Técnica Instalaciones Coruña, S.L.

Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de autos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución obxecto de recurso (artigos 186 e 187 LPL)».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de maio de 2012

A secretaria xudicial