Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2012 Páx. 23656

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (315/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 315/2010 por instancia de Francisco Javier Teijeiro contra Armarios del Noroeste, S.L., sobre reclamación de cantidade, nos cales se ditou sentenza con data do 22.5.2012, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Resolvo que se rexeita a demanda interposta por Francisco Javier Teijeiro fronte a Armarios del Noroeste, S.L. e absolvo a citada empresa das pretensións fronte a ela exercidas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Armarios del Noroeste, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de maio de 2012

A secretaria xudicial