Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2012 Páx. 23655

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO (980/2011).

María Lago Rivero, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, mediante este edicto anuncio que no procedemento seguido por instancia de Vitralba, S.L. fronte a Catalina Freire Romero se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Vigo, 20 de marzo de 2012

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo verbal sobre reclamación de cantidade co número 980/2011, promovidos por Vitralba S.L., representada pola procuradora sra. Rodríguez González e asistida da letrada sra. Ramilo Cabral; contra Catalina Freire Romero, en situación procesual de rebeldía...

Decido que, aceptando integramente a demanda promovida por Vitralba, S.L. contra Catalina Freire Romero, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 1.481,32 euros en concepto de principal, máis os xuros previstos na Lei 3/2004, e ao pagamento das custas procesuais causadas nesta instancia. Notifíqueselles ás partes. Contra esta resolución non cabe recurso».

E estando a dita demandada, Catalina Freire Romero, en paradoiro descoñecido, expídese o este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma a esta.

Vigo, 9 de abril de 2012

A secretaria xudicial