Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2012 Páx. 23733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 28 de maio de 2012 pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 107 C 2011/52-0, devolta polo órgano notificador por resultar a súa destinataria descoñecida.

O Consello Executivo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o día 13 de abril de 2012, impoñer unha sanción a Adelina Núñez Díaz, como responsable da comisión dunha infracción urbanística moi grave en calidade de propietaria do terreo e promotora das obras, consistente na construción dunha edificación con tipoloxía de nave, no lugar de Vilarchao, no termo municipal de Coles, provincia de Ourense.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase á interesada a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada pode interpoñer recurso de reposición ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela ou ante o da circunscrición onde o recorrente teña o seu domicilio, á súa escolla, conforme o disposto no artigo 14.1, regra segunda, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2012

P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo; DOG nº 59, do 27 de marzo)
José Mª Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia da Protección da Legalidade Urbanística