Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2012 Páx. 23735

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 29 de maio de 2012 pola que se notifica a incoación do expediente sancionador 107 C 2012/11-0, devolta polo órgano notificador por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A xefa do Servizo de Inspección Urbanística III da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o día 12 de abril de 2012, resolución pola que se acorda a incoación do expediente sancionador 107 C 2012/11-0 a RPA, S.L, como presunto responsable dunha infracción urbanística moi grave, consistente na construción dunha edificación formada por unha estrutura de piares e vigas metálicas e sobre ela unha cuberta de chapa grecada, no monte Laxalba, no termo municipal de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase á interesada a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland, 1º andar-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada dispón dun prazo de 15 días para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes, contados desde o día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación e, se é o caso, propor proba concretando de medios de que pretenda valerse.

Para que conste e sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2012

José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia da Protección da Legalidade Urbanística