Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2012 Páx. 23736

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 29 de maio de 2012 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva devolta polo servizo de correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición (expediente 107 B 2001/080-0).

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 16 de marzo de 2012, unha resolución pola que se lle impón unha sétima multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número 107 B 2001/80-0 á mercantil Las Cinco Jotas de Galicia, S.L., como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 11 de abril de 2001, que ordenaba a demolición das obras consistentes nunha nave almacén e a ampliación doutra nave existente mediante a adición dunha cuberta entre ambas, invadindo un camiño público, no Camiño Chan do Labrador-Camiño Xosín, parroquia de Candeán, no termo municipal de Vigo, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela. Para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Trancorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á via administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva. Será motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da que este acordo é un mero acto de execución.

No caso de non exercer o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se situe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2012

José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia da Protección da Legalidade Urbanística