Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2012 Páx. 23731

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 28 de maio de 2012 pola que se notifica a imposición dunha segunda multa coercitiva (expediente IU3/62/2012), devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, na data 16 de abril de 2012, impoñer unha segunda multa coercitiva a Celina Santaeufemia Rodríguez e Roberto Valín Torres, como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 13 de xaneiro de 2010 e 14 de xaneiro de 2011, polas que se ordena a demolición das obras consistentes na construción dunha edificación composta por varias plantas sita no lugar de Santiago de Piúgos, concello de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase aos interesados o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra este acordo, os interesados poden interpoñer recurso de reposición ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2012

José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística