Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2012 Páx. 23260

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oímbra

ANUNCIO de exposición ao público de solicitude de licenza para a actividade de venda de praguicidas, sementes e ferramentas.

Francisco Pardo Pardo solicitou neste Concello de Oímbra licenza municipal para actividade de comercio polo miúdo de praguicidas, sementes e ferramentas utilizadas nos labores do campo, que se vai desenvolver no baixo comercial sito en avenida do Carregal, número 55, de Oímbra.

De conformidade co establecido no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, o expediente sométese a información pública, polo prazo de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última inserción deste edicto, no DOG ou no BOP, para que poida ser examinado na Secretaría deste concello e presentar as reclamacións que considere oportunas calquera persoa interesada.

Oímbra, 6 de xuño de 2012

Alfonso Villarino Rodríguez
Alcalde