Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2012 Páx. 23259

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de información pública sobre nave industrial destinada a carpintaría metálica e corte/fabricación de vidro no polígono de Lendo.

Abelas Alexan, S.L. solicitou licenza para nave industrial destinada a carpintaría metálica e corte/fabricación de vidro na parcela B2, polígono de Lendo-A Laracha, actividade sometida a avaliación de incidencia ambiental e neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento do artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, que regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– os que se vexan afectados dalgún modo pola dita actividade poidan presentar as alegacións que consideren pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais, das 9.00 ás 14.00 horas.

A Laracha, 21 de maio de 2012

José Manuel López Varela
Alcalde