Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2012 Páx. 23258

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castroverde

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de construcións agrarias en Foxos, na parroquia de Montecubeiro.

Alberto Domínguez Val solicitou neste concello licenza para ampliación de construcións agrarias (corte e leitaría) no lugar de Foxos, na parroquia de Montecubeiro.

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte (20) días mediante anuncio no Boletín Oficial da provincia de Lugo, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello, para que os interesados poidan examinar o expediente, na Secretaría do concello, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e, de ser o caso, formular os reparos ou observacións que consideren oportunos.

Este anuncio servirá de notificación ao abeiro do artigo 59.5 da Lei 30/1992, a todos aqueles que sexan descoñecidos ou dos que se ignore o seu paradoiro, ou ben, intentada esta, non se poida practicar.

Castroverde, 6 de xuño de 2012

Xosé María Arias Fernández
Alcalde