Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2012 Páx. 23261

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de licenza de apertura dun local de venda, reparación e mantemento de vehículos na rúa estrada da Coruña-Boisaca (expediente LAP/60/2012).

Automóviles Louzao, S.A. solicitou ampliación da licenza de apertura dun local de venda, reparación e mantemento de vehículos na rúa estrada da Coruña-Boisaca, km 59-Santiago de Compostela (A Coruña). Consonte o Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan formular por escrito as reclamacións que consideren pertinentes. O correspondente expediente LAP/60/2012 pode consultarse no Negociado de Aperturas deste concello.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2012

P.D. (Xunta de Goberno Local do 15.7.2011)
María Pardo Valdés
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda, Rehabilitación e Cidade Histórica