Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2012 Páx. 23235

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 29 de maio de 2012 pola que se notifica a resolución da reclamación patrimonial con referencia 26/2011.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, (BOE nº 285, do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, (BOE nº 112, do 14 de xaneiro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a María Teresa Cámara Santos, con DNI 13318023-D en canto propietaria do vehículo de matrícula 1336 CYW, que presenta a reclamación por danos no seu vehículo ao acceder ao porto de Portonovo, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a resolución da reclamación patrimonial de acordo coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común e demais disposicións de pertinente aplicación, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no derradeiro enderezo coñecido sito na r/ San Roque, nº 6-6 1ª planta, 0900 Burgos.

O expediente completo atópase nas dependencias dos Servizos Centrais de Portos de Galicia onde poderá ser examinado en horario das 9.00 ás 14.00 horas.

O órgano competente para a resolución do expediente é a Consellería de Medio Rural e do Mar para ditar a presente resolución de acordo co establecido no artigo 3.1.b) da Lei 6/2001, do 29 de xullo, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ou recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da recepción da presente notificación segundo o disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2012

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia