Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2012 Páx. 23231

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2012 pola que se anuncia a licitación do procedemento aberto multicriterio, non suxeito a regulación harmonizada, trámite ordinario, dos contratos de servizo, de clave AC/12/079.02 e tres máis.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Área de Contratación e Administración.

2. Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4. Teléfono: + 981 54 49 86.

5. Telefax: + 981 54 47 91.

6. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto de cada contrato:

a) Descrición: contrato de servizo para realizar labores de redacción de informes e proxectos de conservación e mantemento de estradas na zona de conservación na provincia da Coruña, zona sur.

Clave do expediente: AC/12/079.02. Referencia: AT/015/2012.

Orzamento base de licitación: importe neto: 103.858,44 euros, sen IVE. Valor estimado 110.998,44 euros.

Prazo de execución: 3 meses (prorrogable outros 3 meses).

Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17595

División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

b) Descrición: contrato de servizo para realizar labores de redacción de informes e proxectos de conservación e mantemento de estradas na zona de conservación na provincia da Coruña, zona norte.

Clave do expediente: AC/12/080.02. Referencia: AT/019/2012.

Orzamento base de licitación: 133.608,44 euros, sen IVE. Valor estimado 140.748,44 euros.

Prazo de execución: 3 meses (prorrogable 3 meses).

Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17596

División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

c) Descrición: contrato de servizo para realizar labores de redacción de informes e proxectos de conservación e mantemento de estradas na zona de conservación na provincia de Pontevedra, zona sur.

Clave do expediente: PO/12/081.02. Referencia: AT/020/2012.

Orzamento base de licitación: 71.133,44 euros, sen IVE. Valor estimado 78.273,44 euros.

Prazo de execución: 3 meses (prorrogable 3 meses).

Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17597

División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Descrición: contrato de servizo para realizar labores de redacción de informes e proxectos de conservación e mantemento de estradas na zona de conservación na provincia de Pontevedra, zona norte.

Clave do expediente: PO/12/082.02. Referencia: AT/021/2012.

Orzamento base de licitación: 91.958,44 euros, sen IVE. Valor estimado 99.098,44 euros.

Prazo de execución: 3 meses, (prorrogable 3 meses).

Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17598

División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Garantías exixidas.

Garantía definitiva: 5% do orzamento de adxudicación (sen IVE).

5. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional:

a) Solvencia económica e financeira: acreditarase segundo o establecido na cláusula 3.3.1 e 3.3.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, e o punto J do cadro de características deste.

b) Solvencia técnica: acreditarase segundo o establecido na cláusula 3.3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares, punto K do cadro de características.

c) Os empresarios estranxeiros non clasificados deberán acreditar a súa capacidade e solvencia, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares de conformidade co disposto nos artigos 75 e 77 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

6. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará o décimo quinto día natural, que non coincida en domingo ou festivo, seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no edificio administrativo de San Caetano e segundo se especifica no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

2. Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes, se procede: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses conforme o artigo 161 do texto refundido da lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

8. Apertura de sobre B e sobre C: terá lugar na data e hora que será anunciada no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/, con tres días hábiles de antelación á realización do acto público de apertura dos sobres B e C, na sala de xuntas da Axencia Galega de Infraestruturas, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Se por algún motivo houber que modificar o acto público de apertura dos sobres B e C reflictirase a nova data no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/

9. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 3.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo DOG: por liña 10,82 euros.

11. No caso de que a información reflectida no enderezo da internet non concorde cos datos publicados no anuncio de licitación prevalecerá este.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2012

Ethel María Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas