Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2012 Páx. 23237

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 15 de maio de 2012, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica aos interesados o acordo de incoación do expediente administrativo de desafiuzamento por non ocupación 2/12.

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ao interesado, cos datos e último enderezo coñecido sinalado no anexo, o acordo de incoación do correspondente expediente administrativo de desafiuzamento que, co número que se indica, se iniciou neste organismo por non destinar a vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario ou arrendatario, causa suficiente de desafiuzamento administrativo conforme o establecido no artigo 67 da Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda de Galicia, en relación co artigo 138 do Regulamento de VPO, aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese o prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ao da publicación desta cédula para a contestación ao acordo ante esta xefatura provincial do IGVS, alegando por escrito o que considere conveniente e, se é o caso, achegando ou propoñendo as probas que crea oportunas para o seu descargo. Transcorrido o dito prazo, darase por realizado o trámite e o expediente seguirá o seu curso.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 15 de maio de 2012

Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 2/12.

Expedientado: Manuel Bermúdez Barbeito, Josefa López Vázquez e herdeiros.

Último domicilio coñecido: r/ Dalias, bloque 40, P-4, baixo esquerda (A Coruña).

Expediente: C-136-CD/63, conta 1223.