Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22907

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, o estudo de impacto ambiental, o proxecto de execución, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Coto Frío, situado nos concellos de Dozón (Pontevedra) e Piñor e O Irixo (Ourense) e promovido por Coto Frío, S.L. (expediente IN661A DXIEM-03/11).

En cumprimento do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e tendo en conta o establecido no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos (modificado pola Lei 6/2010, do 24 de marzo), e no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, así como na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, sométese a información pública a solicitude formulada por Coto Frío, S.L. para as instalacións que a seguir se describen:

Características xerais do Parque Eólico Coto Frío.

Peticionario: Coto Frío, S.L.

Domicilio social: parque de San Lázaro, 7-1º, 32003 Ourense.

Situación: concellos de Dozón (Pontevedra), Piñor e O Irixo (Ourense).

Zona: 10.

Área de desenvolvemento eólico (ADE): O Irixo.

Poligonal de delimitación do parque: posición dos aeroxeradores.

Vértice

UTM X

UTM Y

Aero

UTM X

UTM Y

Concello

1

573.500

4.713.500

1

574.141

4.711.802

O Irixo

2

575.000

4.713.500

2

574.451

4.711.424

O Irixo

3

576.500

4.712.700

3

574.810

4.713.037

Dozón

4

577.800

4.713.200

4

574.997

4.712.375

Dozón

5

579.620

4.713.200

5

575.345

4.712.359

Dozón

6

579.620

4.712.570

6

575.717

4.712.014

Dozón

7

578.200

4.710.800

7

576.219

4.712.069

Dozón

8

573.500

4.710.800

8

578.700

4.712.477

Dozón

9

577.548

4.712.159

Dozón

10

577.878

4.712.099

Dozón

11

577.377

4.711.397

Dozón

12

577.777

4.711.388

Piñor

Potencia instalada: 36 MW.

Produción neta: 91.098 MWh/ano.

Horas equivalentes netas: 2.539.

Orzamento total: 38.910.640 euros.

As características técnicas principais das instalacións de xeración, transformación e interconexión do parque eólico son as seguintes:

– 12 aeroxeradores VESTAS V-112 de 3.000 kW de potencia nominal unitaria cunha altura de buxa de 84 metros e cun diámetro de rotor de 112 metros.

– 12 centros de transformación, instalados unitariamente no interior da góndola de cada aeroxerador, formados por transformadores de 3.450 kVA de potencia nominal e relación de transformación 0,65/20 kV, celas de media tensión de 20 kV e os correspondentes equipamentos de protección, telemando e demais elementos auxiliares.

– Rede subterránea de media tensión (20 kV), con condutor tipo R.H.Z.1-2OL 12/20 kV, para a evacuación da enerxía xerada e a interconexión entre os centros de transformación 0,65/20 kV e a subestación transformadora 30/132 kV.

– Subestación transformadora 132/30 kV, con edificio de control, transformador de potencia trifásico de 30/40 MVA ONAN/ONAF, transformador de servizos auxiliares de 100 kVA de potencia nominal e relación de transformación 20/0,4 kV, equipamentos de seccionamento, medida, protección, telemando e demais elementos auxiliares.

De acordo co disposto polo artigo 37.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación, relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos:

– Proxecto de execución, para os efectos da súa aprobación e autorización administrativa das instalacións descritas.

– Estudo de impacto ambiental, para os efectos da formulación da declaración de impacto ambiental.

– Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, para os efectos da súa aprobación.

– Relación de bens e dereitos afectados para os efectos da declaración de utilidade pública, que levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Estes documentos permanecerán expostos ao público e poderán examinarse, durante o prazo de 30 días contados a partir da última publicación desta resolución ou da súa notificación individual, nesta dirección xeral (edificio administrativo San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta, 15781 Santiago de Compostela), e nas xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra (avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra) e de Ourense (rúa Curros Enríquez, 1-4º, 32003 Ourense).

Para idénticos efectos, e durante o mesmo prazo, o proxecto sectorial poderá examinarse nos concellos de Dozón (Médico Fernández Martínez, s/n; 36518 Dozón), Piñor (Piñor s/n; 32137 Piñor) e O Irixo (As Laxas, 10, 32530 O Irixo) e o estudo de impacto ambiental neses mesmos concellos, na Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental (San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela) e nas xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra (Avda Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra) e de Ourense (rúa do Paseo, 18, 32003 Ourense).

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación que se insire como anexo desta resolución, así como das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que no prazo e ante os órganos sinalados nos dous parágrafos anteriores poidan presentar as alegacións que coiden oportunas.

Esta publicación efectúase, así mesmo, en cumprimento do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para os efectos da notificación aos interesados cando estes sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben cando, intentada esta, non se puidese practicar.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2012

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file