Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22906

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 22 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente PO-RES-2012/028 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial sita na rúa Fernández Ladreda, 43, 4ª planta, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 22 de maio de 2012

(Resolución do 23.4.2012
Orde do 1.4.2011)
José Luis Rodríguez Fernández
Xefe do Servizo

ANEXO

Expediente: PO-RES-2012/028.

Interesada: Celeste Costa Nieves.

Acto notificado: acordo de incoación.

Expediente: PO-RES-2012/046.

Interesado: José Antonio Orois Fernández.

Acto notificado: acordo de incoación.

Expediente: PO-RES-2012/048.

Interesado: Bonomi Cestay, S.L.

Acto notificado: acordo de incoación.