Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2012 Páx. 22679

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do estudo de detalle do polígono 22 A Xesteira en Perillo (expediente FG n.º 581).

Por Resolución desta alcaldía n.º 2.038, do 3 de maio de 2012, acordouse aprobar inicialmente o estudo de detalle do polígono 22 A Xesteira en Perillo.

De conformidade co artigo 86.2 da Lei 9/2002, modificada pola Lei 2/2010, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 13.00 horas, polo prazo de vinte días, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 15 de maio de 2012.

Ángel García Seoane
Alcalde presidente