Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2012 Páx. 22678

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Agolada

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de explotación avícola na parroquia de Val de Sangorza.

A entidade Avideza, S.C. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a ampliación de explotación avícola sita na parroquia de Val de Sangorza deste concello. En cumprimento do disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades qe se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Agolada, 4 de xuño de 2012

Ramiro Varela Peón
Alcalde