Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2012 Páx. 22680

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública (expediente AM/08/12).

Montajes Conserveros de Galicia, S.L. solicitou da alcaldía licenza municipal de acondicionamento e actividade para apertura dun establecemento dedicado á fabricación de maquinaria industrial e taller mecánico auxiliar para a industria conservera, que se situará no polígono industrial A Granxa, parcelas 106, 107, 108 e 109 desta localidade. En cumprimento do disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que empezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra– poidan examinar o expediente AM/08/12, na sección de Urbanismo deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

O Porriño, 17 de abril de 2012

José Nelson Santos Argibay
Alcalde