Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2012 Páx. 22681

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública (expediente AM/09/12).

Transportes Tato, S.L. solicitou da Alcaldía licenza municipal de actividade para a apertura dun establecemento dedicado a gardaría de camións e o seu taller de mantemento, que se situará no lugar de Coutada do Norte, s/n, polígono industrial As Gándaras, desta localidade. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que empezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra– poidan examinar o expediente AM/09/12 na sección de Urbanismo deste concello as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

O Porriño, 27 de abril de 2012

José Nelson Santos Argibay
Alcalde