Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2012 Páx. 22673

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 4 de xuño de 2012 de emprazamento para trámite de audiencia, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o domicilio da interesada.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/38/2011, a María Teresa da Roza Miñán, en relación coas obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar con semisoto, planta baixa e con piares preparados para construír outra planta, no lugar da Nogueira, O Viso, no termo municipal de Redondela, provincia de Pontevedra.

O expediente relacionado atópase á disposición da interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland – Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de 10 días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, para presentar alegacións e os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2012

José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística