Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2012 Páx. 22674

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 23 de maio de 2012, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica á interesada a proposta de resolución de declaración de desistencia dun procedemento de selección de adxudicatario en segundas transmisións dunha vivenda de protección oficial de promoción pública.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), despois de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, notificaselle á persoa interesada a proposta de resolución de declaración de desistencia dun procedemento de selección de adxudicatario en segundas transmisións dunha vivenda de protección oficial de promoción pública.

Primeiro. Ter por desistida a Iolanda Mónica Ramos Moix da súa solicitude de adxudicación en segundas transmisións dunha vivenda de protección oficial de promoción pública sita na rúa Lope de Vega, bloque 14, escaleira 7, baixo A, concello de Arteixo, co número de expediente C88/501, conta 55.

Segundo. Continuar coa tramitación do expediente, consonte a normativa de aplicación.

E para que conste e lle sirva de notificación á interesada ausente na repartición, no cumprimento do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Expido, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 23 de maio de 2012

Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña