Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2012 Páx. 22296

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 5 de xuño de 2012 que modifica a Orde do 8 de maio de 2012, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a modernización das explotacións agrarias e para a incorporación de mozos á actividade agraria, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2012.

A Orde do 8 de maio de 2012 (publicada no DOG nº 90, do 11 de maio) pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a modernización das explotacións agrarias e para a incorporación de mozos á actividade agraria, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2012, establece no seu artigo 28 un prazo de presentación de solicitudes dun mes.

Este prazo coincide cunhas datas de moita actividade nos labores agrícolas que ocupan os titulares das explotacións agrarias e pode impedir que os solicitantes destas axudas poidan tramitar correctamente as solicitudes, polo que cómpre ampliar o dito prazo.

Así mesmo, e por esa mesma razón, cómpre ampliar o prazo establecido nos puntos 4 do artigo 4 e 1 do artigo 13, respectivamente, de outorgamento da licenza municipal e resto de permisos administrativos.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificar a Orde do 8 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a modernización das explotacións agrarias e para a incorporación de mozos á actividade agraria, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2012, como segue:

Un. Modifícase o número 1 do artigo 28 do seguinte modo:

1. O prazo de presentación de solicitudes será ata o 25 de xuño, inclusive.

Dous. Modifícanse as datas de outorgamento da licenza municipal e o resto de permisos administrativos establecidos nos puntos 4 do artigo 4 e 1 do artigo 13, respectivamente, que inicialmente figuran ata o 30 de setembro, sendo a nova data de outorgamento para a convocatoria do ano 2012 ata o 15 de outubro de 2012, inclusive.

Disposición derradeira única.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2012

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar