Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2012 Páx. 22295

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 15 de maio de 2012 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a realización de proxectos piloto cofinanciadas co Fondo Europeo de Pesca (FEP) e se convocan para o exercicio 2012.

Advertido erro na devandita orde publicada no Diario Oficial de Galicia, número 102, do 30 de maio de 2012, procédese a realizar a seguinte rectificación:

Na páxina 20.779, artigo 9, punto 2, onde di:

«... Para a convocatoria de 2012 o prazo de presentación de solicitudes será de 45 días desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.»,

Debe dicir:

«... Para a convocatoria de 2012 o prazo de presentación de solicitudes será de 45 días desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.».