Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2012 Páx. 22298

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, pola que se actualizan algunhas substancias activas incluídas no Regulamento técnico específico de produción integrada de viña.

A Orde do 21 de xuño de 2005 (DOG nº 124, do 29 de xuño), pola que se aproba o Regulamento técnico específico da produción integrada de viña, recolle na epígrafe de manexo da plantación, control de pragas e enfermidades, do anexo a obriga de antepoñer os métodos culturais, biolóxicos, biotecnolóxicos, físicos e xenéticos aos métodos químicos.

No caso de resultar necesaria unha intervención química, as substancias activas que se vaian empregar serán seleccionadas de acordo cos criterios de menor perigo para humanos, fauna e ambiente, de efectividade no control da praga, patóxeno ou mala herba, de selectividade (débese evitar a toxicidade para polinizadores e inimigos naturais), de redución de residuos e do risco de aparición de resistencias.

Ademais, as substancias activas que se empreguen estarán autorizadas no Rexistro de Produtos e Material Fitosanitario e aprobadas expresamente para un uso determinado, respectando sempre as restricións establecidas no Regulamento técnico específico da produción integrada de viña, establecendo unha listaxe de substancias activas nos apéndices III e IV sobre a base da experiencia coñecida do seu impacto nos correspondentes organismos útiles e outros requisitos ambientais.

A continua actualización de substancias activas derivada da aplicación da Directiva 91/414/CEE do Consello, do 15 de xullo, relativa á comercialización de produtos fitosanitarios, a modificación dos usos destes produtos no Rexistro de Produtos e Material Fitosanitario do Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, así como o resultado de novos coñecementos técnicos, fan necesaria unha revisión e posta ao día da listaxe de substancias activas establecida nos apéndices III e IV do devandito regulamento técnico específico.

Tendo en conta a disposición segunda da antedita orde, na cal se faculta o director xeral de Produción Agropecuaria para ditar as modificacións necesarias de modificación ou adaptación dos anexos, como consecuencia de novos coñecementos e avances técnicos e científicos, ou para incorporar a normativa de obrigado cumprimento que ao respecto se estableza,

RESOLVO:

Primeiro. Actualizar as substancias activas reflectidas na epígrafe de control químico do apéndice III e IV do Regulamento técnico específico de produción integrada de viña, segundo se establece no anexo desta resolución.

Segundo. Estas substancias activas deberán seguir os condicionamentos fitoterapéuticos xerais e específicos e os preventivos de riscos do Rexistro Oficial de Produtos e Material Fitosanitario, así como as restricións particulares establecidas no dito anexo.

Terceiro. O contido incluído no apéndice III para cada praga ou enfermidade (mostraxe, límites e/ou criterios mínimos de intervención, axentes biolóxicos, outras medidas complementarias aplicables e recomendacións), permanece vixente, salvo o relativo ao control químico.

Cuarto. Esta resolución terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2012

José Álvarez Robledo
Director xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO
Apéndice III. Control integrado en pragas e enfermidades

Fungos

Mildiu da vide (Plasmopara viticola)

– Control químico:

Azoxistrobin

Azoxistrobin + folpet1

Benalaxil + cimoxanilo + folpet1

Benalaxil + cimoxanilo + mancozeb

Benalaxil + cobre

Benalaxil + folpet1

Benalaxil + mancozeb

Benalaxil M (kiralaxil)+folpet1

Benalaxil M (kiralaxil)+mancoceb

Bentavalicarb + mancoceb

Ciazofamida

Cimoxanilo + folpet1

Cimoxanilo + folpet + mancozeb1

Cimoxanilo + folpet + oxicloruro de cobre1

Cimoxanilo + mancozeb

Cimoxanilo + metiram

Cimoxanilo + oxicloruro de cobre + mancozeb

Cimoxanilo + sulfato cuprocálcico

Cimoxanilo + sulfato cuprocálcico + oxicloruro de cobre

Dimetomorf

Dimetomorf + folpet1

Dimetomorf + mancozeb

Dimetomorf + oxicloruro de cobre

Famoxadona + cimoxanilo1

Folpet1

Fosetil-Al

Fosetil-Al + cimoxanilo + folpet1

Fosetil-Al + cimoxanilo + mancoceb

Fosetil-Al + iprovalicarb + mancozeb11

Fosetil-Al + mancozeb

Hidróxido cúprico

Iprovalicarb + folpet1

Mancozeb

Maneb

Metalaxil

Metalaxil + folpet

Metalaxil + mancozeb

Metalaxil + oxicloruro de cobre

Metalaxil + oxicloruro de cobre + folpet1

Metalaxil + oxicloruro de cobre + folpet + sulfato cuprocálcico1

Metalaxil M (mefenoxan) + folpet1

Metalaxil M (mefenoxan) + mancozeb

Metalaxil M (mefenoxan) + oxicloruro de cobre

Metiram

Oxicloruro de cobre

Oxicloruro de cobre + folpet1

Oxicloruro de cobre + mancozeb

Oxicloruro de cobre + sulfato cuprocálcico

Óxido cuproso

Piraclostrobin + dimetomorf

Piraclostrobin + metiram11

Sulfato cuprocálcico

Sulfato cuprocálcico + folpet1

Sulfato cuprocálcico + mancozeb

Zoxamida + mancozeb

– Restricións ás substancias activas:

1 Só ata o inicio do pintor ou cora.

11 Non autorizado en parras de vide.

Os preparados fitosanitarios compostos pola mesma substancia activa de acción sistémica e/ou penetrante non se empregarán en máis de 3 tratamentos por campaña, a excepción do fosetil-Al e cimoxanilo. Deberán alternarse entre campañas.

Oídio da vide (Uncinula necator)

– Control químico:

Azoxistrobin

Azoxistrobin + folpet1

Xofre (mediante empoamento)

Ciproconazol1

Ciproconazol + xofre1

Fenbuconazol

Fluquinconazol1

Flusilazol

Kresoxim-metil

Kresoxim-metil + boscalida

Meptildinocap

Metrafenona

Myclobutanil1

Myclobutanil + xofre1

Penconazol

Piraclostrobin + dimetomorf

Proquinazid11

Quinoxifen

Tebuconazol1

Tetraconazol

Triadimenol

Trifloxistrobin1

– Restricións ás substancias activas:

1 Só ata o inicio do pintor ou cora.

11 Non autorizado en parras de vide.

A excepción dos preparados con acción de contacto, os demais non se deberán aplicar en máis de 3 tratamentos por campaña da mesma substancia activa ou familia.

Podremia gris (Botrytis cinerea)

– Control químico:

Boscalida

Ciprodinil

Ciprodinil + fludioxonil

Fenhexamid

Folpet1

Iprodiona

Mepanipirim11

Metil-tiofanato

Pirimetanil

– Restricións ás substancias activas:

1 Só ata o inicio do pintor ou cora.

11 Non autorizado en parras de vide.

Excoriose (Phomopsis viticola)

– Control químico:

Folpet1

Mancozeb

Metiram

– Restricións ás substancias activas:

1 Só ata o inicio do pintor ou cora.

Complexo dos fungos da madeira (Sphaeropsis malorum, Cylindrocarpon destructans, Phaeoacremonium aleophilum, Phaeomoniella chlamidospora, Fomitiporia punctata, Stereum hirsutum, Eutypa latae e outros)

– Control químico:

Tebuconazol + resinas sintéticas3

– Restricións ás substancias activas:

3 Aplicado despois da poda sobre os cortes con pincel.

Insectos e ácaros

Couza ou avelaíña (Lobesia botrana e Clysia ambiguella)

– Control químico:

Bacillus thuringiensis4

Clorantraniliprol

Clorpirifos5

Emamectina

Fenoxicarb6

Feromonas de confusión sexual

Flufenoxuron7

Indoxacarb

Metil clorpirifos

Metoxifenocide7

Spinosad4

Tebufenocide4

– Restricións ás substancias activas:

4 Ao inicio da eclosión.

5 Só se coincide co limiar de intervención en mosquito verde.

6 Ao inicio do voo.

7 Entre o inicio do voo e o inicio da eclosión.

Araña amarela-vermella (Tetranychus urticae Koch-Panonychus ulmi)

– Control químico:

Abamectina (só ata floración)

Acrinatrin 8/10

Clofentezin

Etoxazol

Fenpiroximato

Hexitiazos

Piridaben8

Propargita

Spirodiclofen11

– Restricións ás substancias activas:

8 Araña vermella.

10 Só autorizado en parras de vide.

11 Non autorizado en parras de vide.

Acariose (Calepetrimerus vitis)

– Control químico:

Spirodiclofen11

Xofre (só mediante empoamento)

– Restricións ás substancias activas:

11 Non autorizado en parras de vide.

Trips (Frankliniella occid, Drepanotrips reuteri)

– Control químico:

Acrinatrin10

Metiocarb9

Spinosad

– Restricións ás substancias activas:

9 Máximo unha aplicación ao ano, ata a floración.

10 Só autorizado en parras de vide.

Mosquito verde (Empoasca flavescens)

– Control químico:

Acrinatrin10

Clorpirifos

Indoxicarb

Fenpiroximato

Flufenoxuron

Imidacloprid

Tiatometoxan

– Restricións ás substancias activas:

10 Só autorizado en parras de vide.

Melazo (Pseudococcus c.)

– Control químico:

Clorpirifos

Imidacloprid

Metil clorpirifos

Piral (Sparganothis pilleriana)

– Control químico:

Clorpirifos

Emamectina

Flufenoxuron

Indoxacarb

Metoxifenocide

Spinosad

Tebufenocide

Vermes grises (Agrostis spp)

– Control químico:

Clorpirifos

Altica (Haltica amelophaga)

– Control químico:

Clorpirifos

Spinosad

Pulgóns (Aphis gosypii)

– Control químico:

Imidacloprid

Vesperus

– Control químico:

Clorpirifos

Metil clorpirifos

Gurgullos

– Control químico:

Clorpirifos

Ácaro da roña

– Control químico:

Xofre (só mediante empoamento)

Erinose

– Control químico:

Spirodiclofen11

Xofre (só mediante empoamento)

– Restricións ás substancias activas:

11 Non autorizado en parras de vide.

Ceratite

– Control químico:

Captura masiva de adultos

Bacterias

Necrose bacteriana (Xylophilus a)

– Control químico:

Hidróxido cúprico

Oxicloruro de cobre

Óxido cuproso

Sulfato cuprocálcico

Apéndice IV. Substancias activas autorizadas en herbicidas

Tipo de acción

Produtos

Foliares

Glifosato

Cicloxidim

Oxadiazon

Remanentes

Napropamida

Orizalina

Diflufenican + Glifosato12

– Restricións ás substancias activas:

12 Data de caducidade: 30.6.2012 (fonte: Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Magrama).