Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2012 Páx. 22056

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño

EDICTO (503/2011).

No procedemento de referencia ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión son do seguinte teor literal:

«Asunto: modificación de medidas 503/2011.

Sentenza n.º 43/12.

No Porriño o 20 de abril de 2012.

Vistos por Olalla Díaz Sánchez, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño, os presentes autos de xuízo verbal de modificación de medidas definitivas de divorcio de mutuo acordo n.º 503/2011 seguidos por instancia de Inmaculada Martínez Rodríguez representada polo procurador Francisco Javier Varela e coa dirección letrada de Eva Susana Núñez Costas contra Jaime Alonso Martínez, en situación de rebeldía procesual.

Decido que, estimando parcialmente a demanda presentada pola representación procesual de Inmaculada Martínez Rodríguez fronte a Jaime Alonso, se acorda modificar as medidas acordadas en sentenza ditada nos autos de xuízo de divorcio 736/2009 tramitados neste xulgado, no sentido de deixar regulado o réxime de visitas respecto dos fillos menores comúns, sempre a falta de acordo entre as partes, da seguinte maneira:

Extínguese o dereito do réxime de visitas do Sr. Alonso os días entre semana, isto é os martes e os xoves das 15.30 ás 19.30 horas.

Establécese o lugar de recollida e entrega dos menores no domicilio materno actual, rúa Johan Carballeira, n.º 15-2.º B, Vigo ou no seu defecto o lugar que sinale a nai, entregándoos á nai ou a otra persoa maior de idade que se encontre na vivenda.

Con desestimación dos demais pedimentos da demanda.

Sen pronunciamento expreso en canto a custas.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación que se interporá perante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da súa notificación, logo de acreditación do depósito da cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste mesmo xulgado, domiciliada na entidade Banesto, n.º 1942 0000 00 050311. A falta de correcta consignación suporá a inadmisión a trámite do recurso. A súa desestimación ou inadmisión suporá a perda do depósito.

Notifíqueselles ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Así por esta miña sentenza, da que se levará testemuño literal aos autos, quedando arquivado o orixinal no libro correspondente, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza foi publicada pola xuíza que a suscribe no mesmo día da súa data, estando celebrando audiencia pública coa miña asistencia ao secretario xudicial, do que dou fe.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Jaime Alonso González expídese este edicto para que sirva de notificación da sentenza recaída nas actuacións.

O Porriño, 14 de maio de 2012.

O secretario xudicial