Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2012 Páx. 22054

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 9 da Coruña

EDICTO (1228/2010).

No procedemento de referencia ditouse a resolución cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Na Coruña o 31 de maio de 2011.

Vistos por min Rosa Agrasso Barbeito, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 9 da Coruña e o seu partido, os autos de xuízo verbal número 1228/2010 deste xulgado, promovidos por Ángel Rodríguez Seoane, representado polo procurador Domingo Rodríguez Siaba e baixo a dirección do letrado José M.ª Padín Viaño, fronte a José Antonio, Carmen e Manuel Seoane Cernadas e contra María J. Seoane Cernadas, representados pola procuradora Monserrat Souto Fernández, baixo a dirección letrada de Pablo Arangüena Fernández, e contra Placeres Seoane Cernadas, Josefina Seoane Cernadas, Pedro Seoane Cernadas, Dolores Seoane Cernadas e María Jesús Fernández Villaverde, en situación de rebeldía procesual, exercendo unha acción de reparación e de reclamación de danos.

Decido que estimo a demanda interposta por Ángel Rodríguez Seoane, representado polo procurador Domingo Rodríguez Siaba fronte a José Antonio, Carmen e Manuel Seoane Cernadas e contra María J. Seoane Cernadas, representados pola procuradora Monserrat Souto Fernández e contra Placeres Seoane Cernadas, Josefina Seoane Cernadas, Pedro Seoane Cernadas, Dolores Seoane Cernadas e María Jesús Fernández Villaverde, en situación de rebeldía procesual, e condeno os demandados a cortar as pólas que sobrevoan a herdade do demandante, así como as raíces que invaden o terreo deste, e todo iso adoptando a solución técnica necesaria para impedir que sobrevoen ou invadan, unhas e outras, a devandita herdade no futuro.

Tamén deberán reparar os danos ocasionados pola árbore litixiosa no muro e chan de formigón existentes no terreo do demandante.

Todo iso con imposición de custas aos demandados.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme, e que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días, desde o seguinte á súa notificación, mediante escrito ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Manuel Seoane Cernadas e María Plácida Seoane Cernadas, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

A Coruña, 10 de abril de 2012.

O/a secretario/a xudicial