Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2012 Páx. 22058

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1038/2011).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1038/2011 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Roque Ayala Castro contra a empresa Selema, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que estimando a demanda interposta por Roque Ayala, con NIE n.º X8524628T contra a empresa Selema, S.L., debo declarar e declaro que procede e condeno a entidade demandada a que lle aboe ao demandante 5.439 €, máis o xuro por mora do 10%, que só se xerará con respecto aos conceptos salariais reclamados.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ao da súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición perante este xulgado o xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531-60) na conta deste xulgado aberta en Banesto; a consignación en metálico poderá substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista e deberase acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 1531-34) a consignación da suma de 300 euros preceptivas para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Selema, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de maio de 2012.

A secretaria xudicial