Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2012 Páx. 22048

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2012 pola que se aproba e fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convoca a persoa aspirante pola quenda de promoción interna á realización do segundo exercicio do proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional técnico superior de investigación, animalario de produción, grupo I, desta universidade.

Mediante Resolución reitoral do 30 de xaneiro de 2012 (DOG do 15 de febreiro e BOE do 5 de marzo), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico superior de investigación, animalario de produción, da USC, grupo I, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

Mediante Resolución reitoral do 17 de abril de 2012 (DOG do 27 de abril), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaran a exclusión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas pola quenda de promoción interna e de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web:

http://www1.usc.es/webpas/SPAS/Laborais/Indice.htm

Terceiro. Convocar á persoa aspirante admitida pola quenda de promoción interna para a realización do segundo exercicio da fase de oposición, o día 11 de outubro de 2012, ás 10.00 horas, na sala de reunións do Departamento de Fisioloxía Animal, na Facultade de Bioloxía (Campus Vida, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios será efectuada polo tribunal, nos locais onde se realizara o primeiro deles, na Reitoría da universidade e na páxina web: http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/selecciondepersoal.html

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2012.

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela