Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2012 Páx. 22050

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2012 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes pola quenda de acceso libre á realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para cubrir catro prazas da categoría profesional especialista de oficios, xardineiro, grupo IV 1, desta universidade.

Mediante Resolución reitoral do 7 de xullo de 2011 (DOG do 29 de xullo e BOE do 8 de marzo de 2012) convocáronse probas selectivas para cubrir catro prazas da categoría profesional de especialista de oficios, xardineiro, da USC, grupo IV 1, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 30 de xaneiro de 2012 (DOG do 15 de febreiro) modifícase a do 7 de xullo de 2011.

Mediante Resolución reitoral do 17 de abril de 2012 (DOG do 27 de abril) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, fixándose un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Declarar que non hai persoas aspirantes pola quenda de promoción interna.

Terceiro. Indicar que a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web:

http://www1.usc.es/webpas/SPAS/Laborais/Indice.htm

Cuarto. Convocar as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición o día 21 de xullo de 2012, ás 10.00 horas, na aula A da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, (avda. do Burgo das Nacións, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios efectuaraa o tribunal nos locais onde se realizase o primeiro deles, na Reitoría da universidade e na páxina web:

http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/selecciondepersoal.html

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2012.

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela