Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2012 Páx. 22100

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por instalacións do gasoduto de distribución de gas natural, ramal de subministración en 10 bar a Carral (expediente 5-0/2011).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións do gasoduto de distribución denominado ramal de subministración en 10 bar a Carral, de 6.221 m de lonxitude, que discorre polos termos municipais de Culleredo, Cambre e Carral (expediente 5-0/2011), por Resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas do 28 de marzo de 2012, a favor da entidade beneficiaria Gas Galicia SDG, S.A. con enderezo na rúa Lisboa, s/n, edificio Área Central, local 31 HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Esta xefatura territorial acorda sinalar os días 9, 10, 11, 12, 16, 17 e 19 de xullo de 2012 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de gas natural, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos dos concellos de Culleredo, Cambre e Carral, deducida da que se someteu a información pública no DOG e BOP do 28 de outubro de 2011 e nos xornais La Voz de Galicia e La Opinión do 21 de outubro de 2011, respectivamente, acto ao cal deberán concorrer os propietarios propostos dos predios afectados, aos cales se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas das referidas casas do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da devandita Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 24 de maio de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña