Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2012 Páx. 22098

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello do Pino (expediente IN407A 2012/30).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: r/ Jose Ángel Valente, n.º 17, local 62, Santiago de Compostela.

Denominación: centro de seccionamento e manobra Figueroa.

Situación: O Pino.

Características técnicas:

– Centro de seccionamento e manobra Figueroa en caseta de obra civil, con catro celas de liña a pé de apoio existente de tipo C 14/3.000, onde se realizarán catro pasos aéreo-subterráneos.

– Liña eléctrica de media tensión subterránea a C.S. Figueroa (L.M.T. Amarelle-Figueroa, expediente 144/2001) a 20 kV, cunha lonxitude de 19 m, con inicio no paso aéreo a subterráneo que se realizará no apoio existente s/n de tipo C-14/3.000 da L.M.T. Amarelle-Figueroa (expediente 144/2001), condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV-3(1×240Al) e final en cela de liña que se vai instalar no centro de seccionamento Figueroa proxectado.

– Liña eléctrica de media tensión subterránea Figueroa-Santiso (expediente 206/2001) a 20 kV, cunha lonxitude de 16 m, con inicio en cela de liña que se vai instalar no centro de seccionamento Figueroa proxectado, condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV-3(1×240 Al) e final no paso de subterráneo a aéreo que se vai realizar no apoio existente de tipo C-14/3.000 da L.M.T. Figueroa-Santiso (expediente 206/2001).

– Liña eléctrica de media tensión subterránea Figueroa-A Rúa (expediente 387/2003) a 20 kV, cunha lonxitude de 18 m, con inicio en cela de liña que se vai instalar no centro de seccionamento Figueroa proxectado, condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV-3(1×240 Al) e final no paso de subterráneo a aéreo que se vai realizar no apoio existente de tipo C-14/3.000 da L.M.T. Figueroa-A Rúa (expediente 387/2003).

– Liña eléctrica de media tensión subterránea Figueroa-Millares (expediente 7964) a 20 kV cunha lonxitude de 15 m, con inicio en cela de liña que se vai instalar no centro de seccionamento Figueroa proxectado, condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV-3(1×240 Al) e final no paso de subterráneo a aéreo que se realizará no apoio existente de tipo C-14/3000 de L.M.T. Figueroa-Millares (expediente 7964).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2.º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 21 de maio de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña