Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2012 Páx. 22096

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2011/93-2, 7930 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1.º, 27002 Lugo.

Denominación: reforma de C.T. Residencia 1 (6542).

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

– Reforma no C.T. Residencia 1 (6542) consistente en:

Obra civil: execución dun depósito de recollida de aceite, desmontaxe de embarrados, aparellaxe, ferraxes e mamparas, execución dunha mampara de protección do transformador, pintado do local, demolición dun tabique, instalación dunha chapa galvanizada e perforada para ventilación en ventá superior, encher o depósito de aceite e desmontaxe dun cadro de baixa tensión.

Obra eléctrica: instalación dun autotrafo de 25 kVA 400/270V, tres celas de liña, unha de protección do transformador, circuíto de terra interior, circuíto de iluminación e protección, un armario e ampliacións de B.T. e pontes de media e baixa tensión.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 14 de maio de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo