Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2012 Páx. 22101

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 15 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de revogación e recurso de reposición de varias axudas para a promoción do emprego (TR348A 2011/479-5 e tres máis).

Intentada a notificación das devanditas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5.º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer un recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, situadas na rúa Concepción Arenal, 8-2.º andar, 36201 Vigo (Pontevedra), e a obter unha copia desta resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Vigo, 15 de maio de 2012.

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

N.º de expediente: TR348A 2011/479-5.

DNI/NIF/CIF: B32406571.

Nome ou razón social: Arimoda Galega, S.L.U.

Último enderezo coñecido: praza da Mariña, 1, 32001 Ourense.

Tipo de axuda: fomento da contratación indefinida inicial.

Contido da resolución: revogar a axuda concedida.

Data da resolución: 27 de abril de 2012.

N.º de expediente: TR348A 2011/576-5.

DNI/NIF/CIF: B94049327.

Nome ou razón social: Urban Construcción Técnica, S.L.

Último enderezo coñecido: Bibiano Fernández Osorio Tafall, 5, local 2, 36003 Pontevedra.

Tipo de axuda: fomento da contratación indefinida inicial.

Contido da resolución: desestimar o recurso de reposición.

Data da resolución: 9 de marzo de 2012.

N.º de expediente: TR34B 2011/344-5.

DNI/NIF/CIF: 36171532F.

Nome ou razón social: María Pérez Brito.

Último enderezo coñecido: Calvo Sotelo, 26, baixo, 36700 Tui (Pontevedra).

Tipo de axuda: transformación de contratos temporais en indefinidos.

Contido de la resolución: revogar a axuda concedida.

Data da resolución: 17 de abril de 2012.

N.º de expediente: TR34B 2011/689-5.

DNI/NIF/CIF: B27740703.

Nome ou razón social: Paulana, S.L.

Último enderezo coñecido: Príncipe, 57, baixo, 36202 Vigo (Pontevedra).

Tipo de axuda: transformación de contratos temporais en indefinidos.

Contido da resolución: revogar a axuda concedida por renuncia do solicitante.

Data da resolución: 17 de abril de 2012.