Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2012 Páx. 22069

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 14 de maio de 2012, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores OU-S-9/2012 e OU-S-21/2012 por infraccións en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE n.º 12, do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a incoación dos expedientes sancionadores OU-S-9/2012 e OU-S-21/12, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

Advírteselles aos titulares dos establecementos denunciados que, de conformidade co artigo 13.2.º do Real decreto 1398/1993, para o caso de non efectuar alegacións no prazo de quince días, e tendo en conta que o devandito acordo contén un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade que se lle imputa, poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: OU-S-9/2012.

Titular sancionada: Máxima Peña Bonilla.

Establecemento: Sin Sol.

Domicilio: Julio Rodríguez Soto, 11.

Localidade: O Carballiño.

Incoación: 28 de marzo de 2012.

Precepto infrinxido: artigo 109.2.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: cen (100) euros, sen prexuízo do que poida resultar na fase instrutora.

Expediente: OU-S-21/2012.

Titular sancionada: María Gloria Mbomio Mangue.

Establecemento: Madrugada.

Domicilio: Cruz, 21.

Localidade: Verín.

Incoación: 19 de abril de 2012.

Precepto infrinxido: artigo 109.2.a), 109.2.b) e 109.6) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: cen (100) euros para cada una das tres infraccións anteriormente indicadas, sen prexuízo do que poida resultar na fase instrutora.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2012.

M.ª del Carmen Pardo López
Secretaria xeral para o Turismo