Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2012 Páx. 22071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 14 de maio de 2012, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores OU-S-43/2011 e OU-S-45/2011 por infraccións leves en materia de turismo.

Por esta cédula, e de conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE n.º 12, do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a resolución dos expedientes sancionadores n.º OU-S-43/2011 e OU-S-45/11, da xefa do Servizo de Turismo de Ourense, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

Os interesados poderán recoller a resolución mediante comparecencia nas dependencias do Servizo de Turismo; rúa Curros Enríquez, 1 - 3.º andar de Ourense.

Contra as ditas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada, perante a Secretaría Xeral para o Turismo, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto no artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, todo iso, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que xulguen oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e deberán aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes seguinte ou hábil inmediatamente posterior, por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias do Servizo de Turismo de Ourense. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía constriximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria e executiva das multas e sancións, da Consellería de Facenda (DOG n.º 235, do 5 de decembro).

Expediente: OU-S-43/2011.

Titular sancionado: Pablo Manuel Fernández Álvarez.

Establecemento: El Asturiano.

Domicilio: Faustino Santalices, 17.

Localidade: Bande.

Resolución: 4 de abril de 2012.

Tipificación da infracción: artigo 69.a.2) e 69.a.5) da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia, modificada pola Lei 1/2010, do 11 de febreiro.

Sanción: douscentos (200,00) euros.

Expediente: OU-S-45/2011.

Titular sancionado: Juan Feijoo González.

Establecemento: Ti Verás.

Domicilio: Principal, 1.

Localidade: San Cibrao das Viñas.

Resolución: 4 de abril de 2012.

Tipificación da infracción: artigo 69.a.2) da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia, modificada pola Lei 1/2010, do 11 de febreiro.

Sanción: cen (100,00) euros.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2012.

M.ª del Carmen Pardo López
Secretaria xeral para o Turismo