Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2012 Páx. 22073

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da subministración de analizadores automáticos de medida de contaminantes no aire ambiente e cabinas de intemperie, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 70%, no marco do Programa operativo Feder Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Enderezo: edificio administrativo de San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4) Teléfono: 881 99 51 74/881 99 51 75.

5) Telefax: 881 99 93 26.

6) Correo electrónico: contratacion.cmati@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17577

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

a) Número de expediente: 17/2012.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de dous analizadores automáticos de medida de contaminantes en aire ambiente para a medición de monóxido de carbono, cinco analizadores automáticos de medida de contaminantes en aire ambiente para a medición de partículas menores de 10 micras, un analizador automático de medida de contaminantes en aire ambiente para a medición de ozono e tres cabinas de intemperie, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 70%, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

c) Prazo de execución/entrega: dous (2) meses.

d) Lugar de entrega e instalación: Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 38433100-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no número 6.6.2. do prego de cláusulas administrativas particulares e na alínea L do seu cadro de características.

4. Valor estimado do contrato: 157.200 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 157.200 €. Importe total: 185.496 €. O devandito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 70%, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, tema prioritario 47.

6. Garantías exixidas:

Definitiva (5% do orzamento de licitación, excluído o IVE): 7.860 €.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no número 6.3.1 do prego de cláusulas administrativas particulares e nas alíneas J e K do seu cadro de características.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincide en sábado ou día inhábil o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade: a sinalada no número 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2. Enderezo: edificio administrativo de San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: edificio administrativo de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e a hora da apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2012.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas