Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2012 Páx. 22077

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica Nova subestación 220 kV Cambados no concello de Cambados (expediente IN407A 2012/25-4), a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica L.A.T. 220 kV dobre circuíto Cambados-Tivo, nos concellos de Cambados, Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Portas e Caldas de Reis (expediente IN407A 2012/26-4) e a petición de declaración de impacto ambiental para ambas as instalacións.

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, modificado pola Lei 6/2010, do 24 de marzo, e no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, sométense a información pública as peticións formuladas por Red Eléctrica de España, S.A.U., con enderezo social en Paseo del Conde de los Gaitanes 177, La Moraleja, 28109 Alcobendas, Madrid.

1. Solicitude de autorización administrativa para a nova subestación de Cambados 220 kV, expediente IN407A 2012/25-4.

Situación: Cambados.

Características técnicas: parque de 220 kV con configuración de dobre barra con acoplamento en instalación blindada, interior, con envolvente metálica e illamento en SF6 equipado con: 1 posición de liña Tivo I, 1 posición de liña Tivo II, 1 posición de transformador, 1 posición de acoplamento e medida e, ademais, 4 posicións de liña de reserva e unha posición de reserva de transformador.

A instalación está situada no termo municipal de Cambados.

2. Solicitude de autorización administrativa para a L.A.T. 220 kV dobre circuíto Cambados-Tivo (anteproxecto), expediente IN407A 2012/26-4.

Situación: Cambados, Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Portas e Caldas de Reis.

Características técnicas: liña de alta tensión a 220 kV, dobre circuíto, estruturada do seguinte xeito:

– Tramo1: subterráneo de 1.663 metros; orixe: subestación de Cambados; final: V1, apoio paso aero-subterráneo (no sucesivo PAS) que discorre polo termo municipal de Cambados.

– Tramo 2: aéreo de 10.406 metros; orixe: V1 PAS; final: V17 PAS que discorre polos termos municipais de Cambados, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa.

– Tramo 3: subterráneo de 2.018 metros; orixe: V17 PAS; final: V18 PAS que discorre polo termo municipal de Vilanova de Arousa.

– Tramo 4: aéreo de 7.992 metros; orixe: V18 PAS; final: subestación de Tivo que discorre polos termos municipais de Vilanova de Arousa, Portas e Caldas de Reis.

O condutor dos tramos aéreos é Condor AW e o dos subterráneos RHE-RA +2OL.

3. Solicitude de declaración de impacto ambiental para as instalacións descritas nos puntos 1 e 2.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda 43, 36003 Pontevedra, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de trinta días, a partir da última publicación.

No mencionado prazo poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da subestación e o anteproyecto da L.A.T., así como o estudo de impacto ambiental para ambas instalacións.

O estudo de impacto ambiental estará, ademais, exposto ao público na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en Pontevedra e nos concellos de Cambados, Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Portas e Caldas de Reis.

Pontevedra, 30 de marzo de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra