Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2012 Páx. 22079

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Rodeiro (expediente IN407A 2012/13-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Explotaciones Porcinas Achacán, S.C.

Domicilio social: lugar Achacán, s/n, 36530 Rodeiro.

Denominación: L.M.T. de acometida ao C.T. de Explotacións Porcinas Achacán.

Situación: Rodeiro.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 15 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente da L.M.T. aérea LAL811 e final no apoio proxectado HV 1000/11 (paso aéreo-subterráneo) do cal continúa subterránea con condutor R.H.Z. 295 metros ata o centro de transformación da granxa do peticionario, situada no lugar da Revolta, Chousa de Camba (parc. 106, políg. 69), Rodeiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, ed. administrativo avda. Fernández Ladreda, 43-5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 9 de abril de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra