Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2012 Páx. 21941

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 11 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lles notifica ás persoas interesadas que se indican o acordo de inicio do procedemento sancionador ES-P-0014/12.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), despois de intentada a notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas o inicio do procedemento sancionador que se indica no anexo.

Pontevedra, 11 de maio de 2012.

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Interesados: Manuela Bugarín Portas e Severino Camiña Vázquez.

Expediente: ES-P-0014/12.

Último domicilio coñecido: rúa Ador, n.º 1, portal 2, 3.º F, Salceda de Caselas, Pontevedra.

Indicación do contido: acordo de inicio do procedemento administrativo sancionador contra a sociedade matrimonial composta por Severino Camiña Vázquez e Manuela Bugarín Portas, como supostos responsables da comisión dunha infracción grave prevista no artigo 109.3.b da Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda de Galicia (DOG núm.13, do 20 de xaneiro de 2009).

Alegacións: de acordo co sinalado no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (BOE núm. 189, do 9 de agosto) concédeselles ás persoas interesadas un prazo de 15 días, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta cédula, para achegar as alegacións, documentos ou informacións que estimen adecuadas e, de ser o caso, propoñer probas, concretando os medios de que pretendan valerse.